Caballero fai un chamamento a “amosar a forza de Vigo” no concerto reivindicativo da Porta do Sol
Abel Caballero animou de novo á cidadanía a sumarse ao concerto reivindicativo organizado esta tarde na Porta do Sol ás 20,00h. Trátase de demandar o tren de alta velocidade Vigo-Porto, a autovía en túnel ao Porriño e a conexión el AVE por Cerdedo.
O alcalde reiterou esta mañá a invitación para que “toda a cidade acoda esta tarde á Porta do Sol para “amosar a forza de Vigo” en defensa das súas infraestruturas. Ás 20,00 h deste mércores está previsto un concerto de bandas de música popular para reivindicar a autovía en túnel ao Porriño, a conexión Vigo-Madrid en AVE directa por Cerdedo e o tren de alta velocidade Vigo-Porto.
Caballero explicou que o Goberno de España xa acepta que o Vigo – Porto en alta velocidade estará rematado en 2030, que a conexión en AVE por Cerdedo está en marcha, na vía da declaración de impacto ambiental e, por último, dixo, que xa se están a realizar os traballos prospectivos da autovía en túnel. A este respecto afirmou que se trata “dunha das grandes prioridades” da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Transportes.
Na súa intervención, o alcalde censurou ao presidente da Xunta por vir a Vigo e non defender as infraestruturas que precisa a cidade.