O goberno de Vigo amplía os horarios dos museos municipais no 2025
O alcalde anunciou hoxe a ampliación dos horarios de todos os centros museísticos vigueses, unha medida que se enmarca no Plan Municipal de Museos. “Seguimos facendo de Vigo unha gran cidade da cultura”, explicou Abel Caballero.
O Concello adxudicou por 1.048.000 euros o servizo de atención ao público de todos os museos da rede municipal, que conleva a ampliación, durante 2025 e 2026, dos horarios de apertura. Así o avanzou este martes o rexedor ao sinalar que Vigo contará con “máis horarios e mellor atención aos visitantes da rede muncipal de museos”.
Novos horarios
O Pazo de Castrelos abrirá de martes a venres de 10 a 14horas. Os sábados o horario será de 17 a 20 horas, e os domingos e festivos de 11 a 14horas. Ademais, do 1 de marzo ao 30 de setembro abrirá tamén os mércores e xoves de 17 a 20 horas.
A Pinacoteca abrirá de martes a venres de 18 a 21 horas e os mércores e venres tamén en horario de mañá de 11 a 14 horas. Os sábados permecerá aberto de 12 a 14 horas e de 18 a 21 horas, e os domingos e festivos de 12 a 14 horas.
A Casa dás Artes abrirá de luns a venres de 18 a 21 horas e os martes e xoves tamén de 11 a 14 horas. Os sábados abrirá de 12 a 14 horas e de 18 a 21 horas, e os domingos e festivos de 12 a 14 horas.