Escoitar

A festa solidaria da "Papanoelada moteira" percorrerá Vigo o sábado 21 de decembro

A “Papanoelada Moteira”, organizada por Moto Club Galicia, volverá percorrer as rúas de Vigo o vindeiro sábado 21 de decembro, segundo anunciou hoxe o alcalde ao lembrar que non é necesario inscrición previa para participar nunha iniciativa que conta “cunha gran sensibilidade social”, expresada na recollida de comida para o Banco de Alimentos.

luns, 9 dec 2024

Festa e solidariedade entrelázanse na “Papanoelada moteira” que o vindeiro sábado 21 volverá convocar a miles de motoristas para que trasladen o espírito do Nadal ás rúas de Vigo, e para que recollan alimentos destinados a persoas vulnerables.

O responsable da iniciativa, Daniel Barboni, avanzou hoxe a posta en marcha por Moto Club Galicia dunha iniciativa en distintos establecementos moteiros onde se recollen alimentos, ata o día 20 de decembro, coa finalidade de superar a recollida do ano pasado. Ademais, o día do gran desfile, voluntarios do Banco de Alimentos encargaranse de recoller, na rotonda de Navia, as achegas da cidadanía.

Na cita deste ano prevese superar a participación de 2023, que contou coa presenza de 5.000 motos e 10.000 papanoeles

Percorrido

A primeira etapa arrinca desde a rúa Pedra Seixas, para dirixirse a Teixugueiras, Ricardo Mella, Avenida da Florida, Praza América, Gran Vía, Corte Inglés ata Urzáiz, Travesía de Vigo, Numancia, Doutor Canoa, Isaac Peral, García Barbón, Colón, Urzáiz, Gran Vía e Venezuela.

Ás cinco da tarde terá lugar a recepción polo alcalde na rúa Venezuela.

A segunda etapa comezará na Avenida de Camelias, con destino á rúa Álvaro Cunqueiro, Praza América, Avenida de Castelao, Avenida de Europa, Avenida Samil, Teixugueiras, rúa Limpiño e volta a Pedra Seixas.

 

Descargar todas as imaxes