Escoitar

VigoCultura pecha a programación do segundo semestre con 10.200 asistentes

Máis da metade dos espectáculos programados no Auditorio Municipal colgaron o cartel de aforo completo. Máis de 28 actuacións teatrais e funcións na rúa tiveron unha gran acollida polo público.

xoves, 5 dec 2024

VigoCultura pechou a programación do segundo semestre con 10.200 asistentes. O Auditorio Municipal e as funcións na rúa foron os lugares de acollida das representacións teatrais e artísticas que tiveron unha gran acollida polo público.

O alcalde cualificou de “éxito incontestable” a gran afluencia ás 28 actuacións programadas neste segundo semestre do ano, das que máis da metade colgaron o cartel de aforo completo.

VigoCultura ofreceu actuacións para todos os públicos e de diferente temática durante tres meses.

Descargar todas as imaxes