Escoitar

Caballero: “O vindeiro 11 de decembro esixiremos a autovía en túnel Vigo-Porriño cun concerto reivindicativo”

O acto tamén servirá para “trasladarlle ao Goberno de España que estamos encantados coa proposta da conexión Vigo e Porto para 2030” en Alta Velocidade.

xoves, 5 dec 2024

O rexedor vigués convocou á cidadanía a un concerto reivindicativo, que se celebrará o vindeiro mércores 11 de decembro ás 20:00 horas na Porta do Sol. O evento, que contará coa actuación da Federación de Bandas de Música Populares de Vigo, ten por obxectivo “dicir que queremos unha autovía en túnel ata Porriño”, sinalou Caballero, que recordou que “Feijóo díxolle ao goberno de España que non a fixera”.

A convocatoria terá un segundo obxectivo, como explicou o alcalde esta mañá, servirá para “trasladarlle ao Goberno de España que estamos encantados co plantexamento da conexión Vigo e Porto para 2030” en Alta Velocidade. “Onte o alcalde de Porto anunciou que o goberno portugués acepta a proposta de España de finalizalo en 2030”, nova da que Abel Caballero se alegrou, pero sinalando que falta unha ratificación polo goberno luso, “oxalá que Portugal acepte a proposta de rematar a conexión de Alta Velocidade en 2030.

Descargar todas as imaxes