Máis de 4.000 nenos e nenas recibirán bolsas de comedor, 82 máis que o ano pasado
O Concello vén de outorgar 4.038 bolsas de comedor por un importe de 1,7 millóns. O curso pasado adxudicáronse 3.956 axudas– 82 menos que este ano- por importe de 1.685.000 euros.
Este curso serán 4.038 -82 máis que o ano pasado - os estudantes beneficiados coa bolsa municipal de comedor. Desde o pasado venres, os colexios dispoñen dos listados do alumnado becado.
O importe deste curso é de 1,7 millóns o que supón un incremento de 34.662 euros respecto ao orzamento do ano pasado. Unha vez máis, en Vigo non hai lista de agarda dado que todos os alumnos e alumnas que cumpren os requisitos reciben a súa bolsa. Caballero criticou á Xunta de Galicia por non asumir esta prestación dado que é competencia autonómica.
O Concello tamén concedeu 1.444 bolsas de libros para por importe de 144.300 euros , o que significa 154 axudas máis que o ano pasado, cun orzamento de 1.900 euros máis que o curso 2023/2024.