Escoitar

Practicamente cheo total nos hoteis de Vigo durante a ponte da Constitución

O alcalde informou que a ocupación hoteleira foi de máis do 90%. “Somos un referente turístico no Nadal”, declarou. O goberno aprobou en Xunta de Goberno a instalación de 15 mupis dixitais en distintos puntos da cidade para ofrecer información. municipal.

luns, 9 dec 2024

Vigo rexistrou unha ocupación hoteleira de máis do 90% na ponte da Constitución. Abel Caballero deu conta “da ponte turísticamente excepcional” onde se rozou o “cheo total”.

O alcalde afirmou que “Vigo é un dos grandes referentes turísticos en toda España, Portugal e Europa” e sinalou a importancia do Nadal, “que xera milleiros de empregos tamén a un radio de 100km da cidade”.

Sinalización dixital

Caballero tamén informou que a Xunta de Goberno aprobou a instalación de 15 mupis na cidade para trasladar información municipal. O Concello investiu 700.000 euros nestas pantallas de sinalización dixital, achegados polo Goberno de España. Segundo explicou o alcalde, 12 delas medirán 55 polgadas e serán táctiles a pé de rúa. Os outros tres, máis grandes, colocaránse en altura e a cidadanía poderá descargar o código QR para poder operar desde a pantalla do seu teléfono móbil.

Os puntos de situación serán a Estación de Vialia, Estación de Guixar, praza Independencia, praza da Pedra, Porta do Sol, Farol de Urzáiz, Praia de Samil, Cruce Colón con Uruguay, praza España, praza Compostela, praza América, Balaídos, Navia, Auditorio Mar de Vigo e Santiago de Vigo.

Descargar todas as imaxes