O goberno local habilita o dispositivo de frío “para que ninguén durma na rúa”
O goberno local está a reforzar a capacidade do albergue habilitando 4 camas máis nas instalacións municipais de Marqués de Valterra, dadas as previsións de baixas temperaturas. Activouse o dispositivo de frío coa unidade de rúa animando ás persoas sen fogar a durmir baixo teito e distribuíndo bebidas quentes e mantas.
O alcalde anunciou esta maña a activación do dispositivo do frío ao rexistrarse temperaturas iguais ou inferiores a 8 grados. Este servizo ponse a disposición das persoas vulnerables para que “ninguén durma na rúa”. O Concello implementa novas prazas no albergue que se suman ás prazas dispoñibles de xeito habitual na instalación de Marqués de Valterra.
Profesionais da unidade de rúa ofrecerán aloxamento, comida, bebida quente e mantas ás persoas sen fogar. En primeiro termo, a proposta será insistirlle a estas persoas para que pernocten no albergue municipal . No caso de que se ocuparan todas as prazas, os usuarios serían derivados ao albergue de Santa Cruz e, se a demanda o requirira, poranse prazas en hostais a disposición dos usuarios. “En Vigo ninguén que queira durmir baixo teito, durme na rúa”, rematou Caballero.