O alcalde visita a nova escola municipal infantil de Praza da Industria
Abel Caballero visitou as novas instalacións nas que xa gozan ata 82 nenas e nenos. O goberno local investiu 1 millón de euros.

O alcalde de Vigo achegouse ata a nova escola municipal infantil da Praza de Industria na que xa se están a atender ata 82 nenos e nenas de 0 a 3 anos en quenda de mañá e de tarde. O centro educativo é completamente novo, no cal o Concello investiu 1 millón de euros.
O alcalde puxo de manifesto que o servizo é totalmente gratuíto en todas as escolas municipais infantís, incluíndo tamén o comedor. O Concello conta con 9 escolas municipais infantís, que serán 10 unha vez remate a construción do Barrio do Cura.


