“Vigo reclamará todo o que lle corresponde” nun concerto reivindicativo no que actuará as Bandas de Música Populares
O acto terá lugar o vindeiro mércores 11 de decembro ás 20:00 horas na Porta do Sol.
O acto terá lugar o vindeiro mércores 11 de decembro ás 20:00 horas na Porta do Sol.
O Concello vén de outorgar 4.038 bolsas de comedor por un importe de 1,7 millóns. O curso pasado adxudicáronse 3.956 axudas– 82 menos que este ano- por importe de 1.685.000 euros.
Abel Caballero visitou as novas instalacións nas que xa gozan ata 82 nenas e nenos. O goberno local investiu 1 millón de euros.
A Xunta de Goberno Local deu luz verde este luns a varios proxectos municipais, entre eles a humanización da rúa Pazo de Bouzas ou a contratación das obras de mellora da piscina de Teis.
O goberno local está a reforzar a capacidade do albergue habilitando 4 camas máis nas instalacións municipais de Marqués de Valterra, dadas as previsións de baixas temperaturas. Activouse o dispositivo de frío coa unidade de rúa animando ás persoas sen fogar a durmir baixo teito e distribuíndo bebidas quentes e mantas.
O alcalde e Carmela Silva asistiron este luns á retirada do mosaico de azulexos da firma adegueira que data do ano 1926 e que está catalogado como ben cultural con protección ambiental.
A “Papanoelada Moteira”, organizada por Moto Club Galicia, volverá percorrer as rúas de Vigo o vindeiro sábado 21 de decembro, segundo anunciou hoxe o alcalde ao lembrar que non é necesario inscrición previa para participar nunha iniciativa que conta “cunha gran sensibilidade social”, expresada na recollida de comida para o Banco de Alimentos.
O alcalde informou que a ocupación hoteleira foi de máis do 90%. “Somos un referente turístico no Nadal”, declarou. O goberno aprobou en Xunta de Goberno a instalación de 15 mupis dixitais en distintos puntos da cidade para ofrecer información. municipal.