O Concello organiza no Verbum o primeiro campus de Nadal do "Vigo Inclusivo" con 35 prazas
Abel Caballero anunciou este martes a apertura do prazo de inscrición para participar no primeiro campamento do programa municipal “Vigo Inclusivo”, organizado no Nadal para persoas con diversidade funcional co fin de facilitar a conciliación familiar.
O primeiro campus de Nadal do programa municipal “Vigo Inclusivo” arrincará en próximo luns 23 de decembro no Verbum cun total de 35 participantes, segundo avanzou hoxe o alcalde. “Un novo servizo que queremos facilitar á cidade”, explicou, ao recordar que os campamentos se estenden xa a todos os períodos non lectivos.
Caballero sinalou que nas seis xornadas de actividades - 23, 24, 26, 27 e 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro de 2025- participarán persoas con diversidade funcional con idades comprendidas entre os 3 e 64 anos, empadroadas no Concello de Vigo.
Con este programa o Concello favorece o ocio, a educación non formal e o desenvolvemento integral das persoas con diversidade funcional, á vez que permite a conciliación familiar en todos os períodos de vacacións.