Escoitar

O alcalde convida a toda a cidadanía a asistir á XX edición de "Vigolandia" no IFEVI

O alcalde convidou este mércores á cidadanía viguesa a asistir á XX edición de "Vigolandia", que terá lugar os próximos días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro no Instituto Feiral de Vigo.

mércores, 11 dec 2024

Abel Caballero asegurou hoxe, ao presentar a nova edición de "Vigolandia", que a cita de lecer familiar que durante cinco xornadas se celebra no IFEVI, "completa" o Nadal de Vigo porque favorece o goce dos máis pequenos e dos seus pais "nun ambiente extraordinario".

O alcalde puxo en valor a extensa oferta de actividades despregadas entre as 12 da mañá e as oito da tarde. Este ano destacan, ademais dun inchable xigante de 70 metros, novos xogos e unha tirolina, os espazos despregados para os amantes de LEGO, así como para os combates Láser Tag, e o concurso cos mini chefs.

Vigolandia mantén o seu carácter benéfico a través dun punto de recollida de xoguetes e de alimentos non perecedoiros.

Descargar todas as imaxes