Abel Caballero: “Todo Vigo viu como Feijóo lle dixo á ministra que non fixese a autovía ao Porriño en túnel”
O acto celebrado na Porta do Sol acolleu un concerto reivindicativo no que actuaron as Bandas de Música Populares de Vigo.

“Agradézolle moito á cidade a súa presenza”, dixo Caballero, sinalando que, neste concerto reivindicativo da Federación de Bandas de Música Populares de Vigo, “quedaron claras as nosas reivindicacións de cidade”.
O rexedor vigués destacou que “todo Vigo viu como Feijóo lle dixo a ministra que non fixese a autovía a Porriño en túnel”. Engadiu que “a gran prioridade de infraestruturas é o tren de alta velocidade Vigo-Madrid directo por Cerdedo” e “Rueda non quere que se faga”. Ao mesmo tempo “quedou claro que o Goberno de España quere a conexión Vigo e Porto para 2030” en Alta Velocidade, e “é o goberno portugués o que ten que confirmar se acompaña nesta data”.







