Este venres arrinca as obras de mellora do ascensor inclinado de Juan Ramón Jiménez
Abel Caballero anunciou hoxe o inicio, mañá venres 13, das obras de mellora do ascensor inclinado de Juan Ramón Jiménez, situado entre as rúas Menéndez Pelayo e Camelias. O prazo estimado da reparación é de 5 meses, aínda que o alcalde indica que o Goberno tentará acurtar a execución das obras, e que o obxectivo é contar cun ascensor “en tempo normal, sen avarías, prestando un gran servizo á veciñanza da zona”.
O alcalde sinalou este xoves que as obras de reparación do ascensor inclinado da rúa Juan Ramón Jiménez débense a que rexistra numerosas avarías polo uso intensivo, así como polos súas especiais características, xa que está construído con pezas exclusivas. “Imos realizar unha reparación para que a atención ás novas avarías sexa rápida e inmediata”, e así resolver a paralización do ascensor, indicou Caballero ao explicar que o custo das melloras ascende a máis de 200.000 euros.
Caballero afirmou que o Concello vai solucionar "todos os problemas do ascensor”, cunha intervención que facilitará a evacuación das augas pluviais e a instalación de sumidoiros lonxitudinais. Ademais, procederase a limpeza dos muros, mellorarase a iluminación no oco para poder actuar inmediatamente ante casos de avarías e instalaranse mellores mecanismos e portas corrediza.
“Unha actuación en profundidade porque é un ascensor que ten un nivel de uso altísimo, importantísimo, e queremos que sexa así”, afirmou o rexedor.