O Concello investirá preto de 9.000 euros en reconstruír o muro de contención do CEIP Valle Inclán
O Concello realizará obras de reconstrucción e fortalecemento no muro do CEIP Valle Inclán, na parroquia de Lavadores, segundo avanzou este mércores o alcalde ao anunciar a adxudicación da redacción do proxecto da obra, por un importe de preto de 9.000 euros. "Non queremos ter un colexio cun muro en situación de dificultade e inestabilidade", afirmou Abel Caballero.
O rexedor explicou hoxe que os traballos adxudicados polo Concello servirán para estudar os problemas que xeran as gretas do muro de contención do CEIP Valle Inclán, e determinar as solucións a adoptar para resolver os problemas.
"Teñen un muro que está en mal estado. Hai que estudalo, derrubalo, reformalo e reconstuílo na forma que diga o estudo", afirmou o alcalde.