Escoitar

O goberno municipal aproba axudas para as asociacións veciñais por un importe de 450.000 euros

A Xunta de Goberno aprobou as axudas destinadas ás asociacións veciñais da cidade por un importe de 450.000 euros. O alcalde incidiu en que estas subvencións teñen por obxectivo “facilitar o traballo” das entidades.

martes, 17 dec 2024

Abel Caballero explicou o acordo adoptado hoxe polo goberno local polo que as asociacións veciñais da cidade recibirán subvencións por un importe total de 250.000 euros para afrontar os gastos de mantemento e funcionamento das instalacións; e outros 200.000 para investimentos en equipamentos ou compras de inmobles. As dúas partidas aprobadas enmárcanse nas axudas destinadas para fomentar o asociacionismo.

O alcalde afirmou que se trata dunha “importantísima subvención para o movemento asociativo da cidade. Máis que ningunha outra cidade de Galicia”.

Descargar todas as imaxes