O Concello convoca 11 prazas na OPE de 2024 para a Xerencia de Urbanismo
A Xunta de Goberno aprobou a convocatoria de emprego público para a Xerencia de Urbanismo na que haberá 8 prazas de acceso libre e 3 de promoción interna. Estas prazas súmanse ás 62 xa aprobadas na OPE de 2024, polo que serán un total de 73 postos de emprego público no Concello de Vigo.

Abel Caballero deu conta da Oferta de Emprego Público de 2024 da Xerencia de Urbanismo. A Xunta de Goberno deu luz verde á convocatoria da OPE deste ano do organismo autónomo que contará con 11 prazas, 8 delas de acceso libre e 3 de promoción interna.
• Prazas ofertadas de turno libre
◦ 2 técnicos de administración general (A1)
◦ 1 arquitecto (A1)
◦ 5 administrativos (C1)
• Promoción interna
◦ 1 técnico medio de gestión (A2)
◦ 1 administrativo (C1)
◦ 1 auxiliar administrativo (C2)
Estas prazas súmanse ás 62 xa aprobadas na OPE de 2024, polo que serán un total de 73 postos de emprego público no Concello de Vigo.