O Concello e Radio Taxi organizan visitas ao Nadal para maiores que viven en residencias
O alcalde avanzou hoxe a reedición, por sexto ano, da iniciativa desenvolvida cada ano coa Central Radio Taxi para facilitar a visita ás luces de Nadal ás persoas maiores que viven en residencias da cidade.
Abel Caballero explicou hoxe que o vindeiro martes 17 os profesionais da Central de Radio Taxi de Vigo recollerán no seu centro asistencial ás persoas que queiran participar no percorrido para contemplar a iluminación de Nadal da cidade. As persoas participantes, ademais de realizar un percorrido polas principais rúas, serán trasladadas á Porta do Sol para ver e gozar da árbore, da iluminación e de todos os elementos decorativos.
O alcalde destacou a iniciativa solidaria protagonizada polos profesionais do taxi de Vigo, xa que realizan esta actividade de forma totalmente gratuíta. O dispositivo que despregará a Central de Radio Taxi estará formado por 42 vehículos. Prevén trasladar a preto de 200 persoas, residentes en 20 centros da cidade, aos principais atractivos do Nadal.
Nadal, temporada alta para o taxi
Emilio Mosquera, presidente Central Radio Taxi Vigo, destacou que para os profesionais do sector a iluminación de Nadal “é moi importante, porque estamos en tempada alta”.