O Concello convoca 62 prazas de emprego público na OPE de 2024
Abel Caballero anunciou hoxe a aprobación da oferta de emprego público de 2024 con 62 prazas, das que 39 son de acceso libre, 19 de promoción interna e 4 para persoas con diversidade funcional.
O alcalde destacou este venres que o Concello convoca 62 prazas novas da oferta pública deste ano, ás que hai que sumar 92 en tramitación de convocatorias anteriores. “Son 154 prazas de emprego público que imos sacar no Concello”, indicou.
Caballero destacou que a oferta contempla prazas na Policía Local, bombeiros, monitores, enxeñeiros, técnicos da administración, e oficiais de distintos servizos, entre outras.
Oferta
Prazas da quenda libre:
- 13 policías
- 8 bombeiros/as
- 2 traballadores/as sociais
- 3 técnicos/as de administración xeral
- 2 auxiliares administrativos
- 2 administrativos/as de administración xeral
- 1 psicólogo/a
- 1 enxeñeiro/a superior de riscos laborais
- 1 enxeñeiro/a de camiños
- 1 enxeñeiro/a industrial
- 1 monitor/a de educación física
- 1 oficial fontaneiro
- 1 oficial sepultureiro
- 1 oficial almacenero
- 1 axudante de oficios
Prazas de promoción interna:
- 3 cabos de extinción de incendios
- 2 inspectores/as da Policía Local
- 1 Intendente da Policía Local
- 3 oficiais da Policía Local
- 5 administrativos/as
- 2 auxiliares administrativos
- 2 oficiais de mantemento do IMD
- 2 oficiais de instalacións
Prazas para persoas con diversidade funcional :
- 1 diplomado/a social
- 1 subalterno/a
- 1 oficial de mantemento
- 1 axudante de oficios