Netflix escolle Vigo para promocionar "El Juego del Calamar 2"
A serie surcoreana é a máis vista da historia da plataforma con máis de 265 millóns de reproducións coa súa primeira entrega, converténdose nun fenómeno cultural a nivel mundial. Esta mañá, o rexedor vigués, Abel Caballero, enfundouse a chaqueta do xogador 456 (Seong Gi-hun) para recibir na cidade a figura da moneca Young-Hee, que chega acompañada dos pink guards. Cun tamaño de 4,5 metros, estará instalada na Praza da Constitución dende o venres 13 ata o domingo 15 de decembro, para que os vigueses poidan xogar a "Luz verde, luz roja". Vigo é a primeira cidade escollida por Netflix para realizar a promoción da segunda tempada do serial, que se estreará o vindeiro 26 de decembro.




