Escoitar

O dispositivo municipal para o frío atendeu a 63 persoas desde o 9 de decembro

O dispositivo despregado polo Concello desde o luns 9 de decembro ante as baixas temperaturas deu cobertura a 58 homes e 5 mulleres, segundo avanzou este luns o alcalde de Vigo.

luns, 16 dec 2024

Abel Caballero apuntou hoxe que o operativo posto en marcha polo Concello para proporcionar aloxamento ás persoas que se atopan na rúa, no momento en que as temperaturas son inferiores a 8 graos, deu cobertura a 63 personas na súa primeira semana de funcionamento.

Dos 58 homes atendidos, 32 quedaron instalados no albergue municipal, 6 foron trasladados ao albergue de Santa Cruz de Teis, e 20 quedaron aloxados nun hostal.

As cinco mulleres que requiriron o apoio do servizo creado especificamente para atender as necesidades por unha onda de frío, 4 foron atendidas no albergue municipal e unha no de Santa Cruz.

Caballero recordou que a unidade de rúa permanece operativa ofrecendo aloxamento e mantas, café quente e atención da unidade de día e da Policía Local.

 

 

 

Descargar todas as imaxes