O Concello outorga licenza para un novo edificio de vivendas de promoción pública en Navia
O edificio conta con 38 vivendas en catro alturas. O alcalde informou que a actuación está cofinanciada cos fondos europeos Next Generation EU do Goberno de España.

A Xerencia de Urbanismo deu luz verde á construción dun edificio de catro alturas para vivendas de promoción pública en Navia. En total serán 38 vivendas cofinanciadas polo Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliciencia cos europeos Next Generation EU.
O Goberno de España está a financiar con este fondos provenientes de Europa as accións en materia de vivenda en Vigo, a meirande parte en Navia, cun importe de 13.124.000 euros. Estes fondos serán empregados para a construción de 292 fogares.