O Programa socio-educativo e de apoio familiar atendeu 252 menores en novembro
O alcalde detallou a atención prestada polo programa municipal durante o pasado mes no que un total de 252 menores recibiron apoio socioeducativo.
“Seguimos aplicando políticas sociais na cidade de Vigo” sinalou o rexedor ao facer balance do Programa socio-educativo e de apoio familiar do Concello durante o mes de novembro onde foron atendido un total de 252 menores de 169 familias. Destas, as que máis demandaron estes servizos foron as monoparentais mulleres, supoñendo o 42,3% da atención prestada.
O goberno de Vigo dedica un importe anual de 829.000 euros a este programa que suma 543 usuarios e que abrangue varias áreas de intervención, sendo o groso do traballo o apoio socioeducativo, o “apoio ás nenas e nenos no seu proceso de aprendizaxe”, explicou Caballero, quen detallou que ata 15 menores participaron nos talleres de reforzo educativo. que se celebran nos centros municipais de Coia, Rivera Atienza, Teis e Casco Vello.