martes, 18 out 2022
Case un centenar de rapaces e rapazas achegáronse á Casa Consistorial para coñecer as súas instalacións e o funcionamento da administración local. Abel Caballero deulles a benvida aos alumnos de 5º e 6º de Primaria, que coñeceron de primeira man os Salón de Plenos, a Sala de Prensa, a Sala de Xuntas e máis zonas de traballo do Consistorio. A iniciativa "Visita o teu Concello" pretende achegar a administración a 3.000 escolares de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria. Deste xeito, coñecerán a estrutura, funcións e competencias do Concello, ademais de reflexionar sobre o papel dos gobernos locais.
O Concello pon a dispor dos estudantes transporte gratuíto e monitores e monitoras de balde.
martes, 18 out 2022
O rexedor volveu insistir en que a única maneira de garantir a construción do IES de Navia é a sinatura dun convenio que obrigue á Xunta a executalo. Lembrou que a inclusión desta dotación nos orzamentos autonómicos non asegura a construción como demostra que o feito de que no ano 2021 e 2022 xa apareceron partidas que nunca se executaron.
xoves, 13 out 2022
O importe é de 385.000 euros e estará a previsión das obras é que estea rematada no mes de marzo.
martes, 11 out 2022
Decenas de nenos e nenas de Educación Primaria do CEIP Eduardo Pondal achegáronse á Casa Consistorial para coñecer as súas instalacións e o funcionamento da administración local.
luns, 10 out 2022
O alcalde defendeu a medida extraordinaria pola inflación que están a sufrir as familias e subliñou a importancia da gratuidade na educación obrigatoria, tamén nos libros de texto. O Grupo Socialista e Popular votaron a favor da modificación orzamentaria, Marea de Vigo e BNG en contra.
mércores, 28 set 2022
O concelleiro de Educación, Gorka Gómez, conseguiu esta mañá o apoio do Grupo Mixto e do concelleiro non adscrito para solicitar á Xunta que asuma a subida dos prezos dos comedores escolares. O Partido Popular abstívose na votación dun texto que lembra que ata o de agora é o Concello a administración que sufraga a maior parte deste servizo.
luns, 26 set 2022
Caballero lamentou coñecer a través da prensa a comunicación do goberno autonómico de alerta en Zamáns e a prealerta nos ríos Verdugo e Oitavén pola seca. O rexedor pídelle á Xunta que reduza o caudal hidrolóxico “porque é unha opción e permite ter garantidos máis días de auga” e esixe á Xunta a captación de auga en alta.
venres, 23 set 2022
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á nova convocatoria deste programa co que quere poñer en valor o patrimonio da cidade. Amais, queda aberto o prazo para participar na IV Batalla Mural, o concurso de arte urbana de Vigo.
luns, 19 set 2022
O rexedor vigués acudiu esta mañá, xunto a concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez, o centro comercial Vialia para intervir nas actividades que promove Decathlon con motivo da Semana da Mobilidade Europea. Realizaranse diversas accións centradas na mobilidade urbana, aproveitando para dar visibilidade ao uso de medios de transporte non contaminantes.
luns, 19 set 2022
Abel Caballero: "Este ano o Concello de Vigo becara con gratuidade total a 2.500 rapaces e rapazas que irán estudar inglés as illas británicas". Durante a fin de semana a cidade chegou o 80% de ocupación.