martes, 8 nov 2016
O alcalde presentou esta mañá "os orzamentos máis importantes da historia de Vigo", os do ano 2017 que alcanzan un montante de 233 millóns, sete máis que o pasado exercicio. Tal e como explicou en rolda de prensa, é un orzamento para crecer, propio dunha facenda saneada, sólida e con débeda 0.
mércores, 5 out 2016
O orzamento do Concello estará aprobado a mediados de decembro para garantir que estea operativo o 1 de xaneiro de 2017. Con este obxectivo, o rexedor deu orde do inicio oficial da redacción dun documento que será moi inversor, volcado na política social e na xeración de emprego. Ademais, engadiu, terá como meta seguir coa gran "revolución das humanizacións na cidade".
martes, 13 set 2016
O goberno local vén de aprobar as ordenanzas fiscais para o 2017, deixando conxeladas a gran maioría das taxas, impostos e prezos públicos, e mantendo as bonificacións e exencións existentes. Con 492 euros, Vigo segue a ser a cidade galega con menos presión fiscal por habitante.
xoves, 25 ago 2016
Abel Caballero explicou que o Concello xa lle trasladou ao Ministerio de Facenda as liñas básicas do documento para que poida quedar aprobado en decembro e dar tranquilidade e "garantía" á economía, aos investimentos e ao tecido empresarial da cidade, sendo Vigo o "primeiro concello de España que inicia a confección do presuposto de 2017".
martes, 10 mai 2016
Ao abeiro da Lei do Catastro Inmobiliario os Concellos deben tramitar a baixada do IBI urbano ao solo urbanizable sen ordenación detallada para ser incluído no padrón do IBI de natureza rústica. Vigo xa comunicou a Facenda a primeiros de ano este cambio que afecta a máis de 5.000 parcelas que deberán aboar o tipo impositivo mínimo vixente na cidade que é do 0,3% e supoñerá un aforro de 600.000 euros.
venres, 22 abr 2016
Un informe da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal sitúa a Vigo á cabeza do cumprimento da estabilidade e regra de gasto, entre as cidades con máis de 250.000 habitantes, segundo datos de 2015. Respecto ao exercicio 2016, esta entidade prevé que o Concello de Vigo terá superávit e cumprirá coa regra de gasto.
xoves, 7 abr 2016
Un informe da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal sitúa a Vigo á cabeza do cumprimento da estabilidade e regra de gasto, entre as cidades con máis de 250.000 habitantes, segundo datos de 2015. Esta situación mellorará aínda máis o ano que ven, segundo explicou, cando se teña en conta o prazo de pago a provedores, o nivel de endebedamento e a coherencia entre ingresos e gastos.
luns, 4 abr 2016
O alcalde de Vigo avanzou esta mañá un investimento de 16,2 millóns de euros para acometer obras en toda a cidade ao longo de 2016, dos que 7,1 proceden do superávit de 2015. O rexedor resaltou que esta capacidade inversora é posible nun Concello con débeda cero, coa presión fiscal máis baixa de Galicia e sendo a segunda administración que antes paga aos provedores.
xoves, 25 feb 2016
O período de pago a provedores do Concello de Vigo no mes de decembro baixou a nove días, o que supón en verbas do rexedor, unha cifra marca histórica en calquera institución. En rolda de prensa, Caballero puxo en valor a boa situación financeira do Concello, coa menor débeda de toda España.
mércores, 21 out 2015
Acompañado polo edil de Facenda, Jaime Aneiros, o alcalde de Vigo presentou este mércores os orzamentos do Concello para 2016, aprobados na Xunta de Goberno Local. Con 225,9 millóns, as contas crecen un 2,37% sobre o 2015, polo que Abel Caballero subliñou o "esforzo para seguir avanzando" na marcha da cidade "a velocidade de Fórmula 1" e "mantendo as mellores finanzas de ningún concello de España".