Escoitar

Vigo aproba "os orzamentos máis importantes da súa historia"

O alcalde presentou esta mañá "os orzamentos máis importantes da historia de Vigo", os do ano 2017 que alcanzan un montante de 233 millóns, sete máis que o pasado exercicio. Tal e como explicou en rolda de prensa, é un orzamento para crecer, propio dunha facenda saneada, sólida e con débeda 0.

martes, 8 nov 2016
1478620914PRESUPOSTO.jpg
O orzamento municipal ascende neste 2017 a 233 millóns, o que supón un 3% máis que os 225 millóns do exercicio anterior. Este crecemento de 7 millóns avalan unhas contas para crecer, propias dunha facenda saneada e sólida que, por primeira vez na historia, ten débeda 0, o único gran concello de España sen débeda, apuntou o rexedor.

Comezou a debullar o documento referíndose á política social que crece un 12% respecto do ano pasado, pasando de 12,6 a 14,2 millóns. Este incremento de 1,6 millóns ven reforzar a que xa era a maior política social de ningún concello no país. Entre outras partidas, destacou 2,4 millóns para axudas contra os desafiuzamentos: alimentación, pobreza enerxética, vivenda e fondo de emerxencia; 800.000 euros para o albergue; 1,8 millóns para bolsas e libros de comedor, de xeito que se garante que as obteñan todos os nenos e nenas que a precisan; 512.000 euros para colectivos sociais; 4,5 millóns de axuda no fogar e 516.000 euros para o programa de menores.

O documento aprobado nesta mañá na Xunta de Goberno Local contén 13,7 millóns para educación, "unha gran prioridade", cunha suba de case o 12%. Inclúe o mantemento de centros educativos de infantil e primaria, 2.208.000 euros para as escolas municipais (infantís, ETRAD, música, danza...; a partida para bolsas de idiomas sobe 300.000 euros, o que eleva 1,6 millóns o orzamento e que permitirá outorgar 657 alumnos de 3º de la ESO -237 máis que o ano pasado- co obxectivo de financiar tantas bolsas como se soliciten, aínda que dependerá da demanda, aclarou o rexedor. Na Escola de Idiomas se duplica o número de bolsas, pasando de 80.000 a 160.000 euros. Entre a UNED e a súa biblioteca, o orzamento elévase a 772.000 euros, continuando coa expansión e o crecemento deste centro educativo na cidade.

O orzamento de emprego mantense na mesma cantidade que o ano pasado, con 5.017.000 euros. Inclúe cun lixeiro incremento o Vigo emprega, con 1.500.000 euros; Plan de Emprego Xuvenil, 100.000 euros; axudas á creación de empresas, 100.000 euros; convenios con sindicatos, 66.000 en convenios con sindicatos; 150.000 euros para asociacións de comerciantes; 15.000 euros para a rede de mulleres contra os malos tratos; 540.000 euros para Coidadores de Barrio; 16.000 euros para Mariñeiros Artesanais de Bouzas; 16.000 euros para Fundación Secretariado Xitano; 100.000 euros para Conxemar e 150.000 euros para a Feira Vigo Sea Fest-Industria Pesqueira.

En deporte, destacou, pasamos de 11,9 a 12,6 millóns, é dicir, subimos en 700.000 euros (un 12%), un incremento moi visible sobre todo no apoio ás actividades deportivas que aumentan en 105.000 euros o que xa supón unha suba do 20% que sumado ao crecemento de máis do 30% do ano pasado supón un aumento do 60% en dous exercicios.

O gasto en cultura é de 11,4 millóns, un 4,46% máis que en 2016. Destacou, entre outras partidas, 775.000 euros para o patrimonio histórico artístico, promoción cultural, 935.000 euros para bibliotecas -ademais da da UNED- 1,5 e reforzarase; 3,5 millóns para equipamentos culturais, o programa de medianeiras con 500.000 euros.

Dentro dos 4,2 millóns adicados a turismo, 570.000 euros son para promoción, 2,5 millóns para rutas aéreas, cantidade a que temos que sumar outros 233.000 euros procedentes da Deputación. 250.000 euros serán para o Convenio para Illas Cíes Patrimonio da Humanidade, unha partida que se completará cos 135.000 euros asignados á Vigo Convention Bureau.

O plan de dinamización de comercio recibe preto de 400.000 euros, mentres que 600.000 euros serán para o alumeado de Nadal de 2017; parques e xardíns teñen un orzamento de 7,9 millóns. O alcalde tamén quixo enfatizar a política de igualdade destacando os 241.000 euros adicados ao Centro de emerxencia, o apoio á Rede de Mulleres Veciñais, á que a Xunta ten "esquecida" e os 158.000 euros do Programa canguros.

Respecto dos servizos básicos, o rexedor referiuse aos 16,3 millóns de Seguridade e Orden Público, aos 7,6 millóns para ordenación do tráfico e seguridade; 8,1 millóns para prevención e extinción de incendios, 23 millóns para abastecemento de auga; 23,2 millóns para recollida de residuos e neste punto engadiu que o canon de Sogama subiu un 4,5%, é dicir, 600.000 euros, e que o Concello non vai repercutir nos cidadáns; 18,8 millóns para limpeza viaria e 6,9 para alumeado.

Capítulo de investimentos
Segundo explicou o rexedor, o paquete global de investimentos para o 2017 ascende a 16 millóns de euros, o que supón o 7% do total do orzamento e un incremento de 6,5 millóns de euros respecto a 2016, cando se investiron 9,5 millóns de euros, polo que a suba será de case o dobre no vindeiro exercicio. A esta partida, engadiu Caballero, hai que sumar a "inversión masiva do superávit que dedicaremos integramente a investimentos".

Os 16 millóns de euros distribúense en diferentes partidas que detallou o alcalde como é o caso das obras de humanización das rúas Marqués de Valterra, Rosalía de Castro, García Olloqui e Plaza Compostela, García Lorca, Bueu, Canceleiro, os ascensores de Juan Ramón Jiménez/ Valterra e Torrecedeira/Pi Margall e o que conectará a rúa San Salvador coa Praza Isabel a Católica. Amais van rematarse as escaleiras de accesibilidade da Porta do Sol con Abeleira Menéndez, acometerase o aparcamento gratuíto do hospital Álvaro Cunqueiro e destinarase unha total de 2 millóns de euros á mellora das infraestruturas en parroquias.

O Concello dedicará 2,5 millóns de euros ao proxecto de recuperación da Panificadora e 450.000 euros ao desenvolvemento de diversas infraestruturas deportivas: 450.000 euros.

Precisamente no ámbito deportivo, o investimento previsto dedicará 300.000 euros á primeira anualidade da construción dun novo pavillón polideportivo nas Travesas, 25.000 irán destinados ao equipamento técnico e deportivo en instalacións e 35.000 para a segunda fase do programa de instalación de desfibriladores. O campo de fútbol de Cabral recibirá unha inversión de 950.000 euros e a mellora do pavillón de Monte da Mina, 260.000 euros. Amais, o Concello realizará inversións de mellora nos campos de fútbol por un importe de 75.000 euros e dedicará 1 millón de euros amais dos remanentes ao Estadio de Balaídos, polo que o volume de investimento total ascenderá a 8 millóns de euros entre as dúas gradas.

No ámbito educativo, Abel Caballero expuxo que o seu goberno dedicará 570.000 euros á cubrición de patios nos colexios "unha das vergonzas da Xunta de Galicia porque na cidade hai centros públicos que non teñen patio cuberto e que impide que os nenos e nenas poidan saír ao recreo", apuntou. Explicou tamén que o equipamento urbano, a reposición do alumeado público, a inversión en maquinaria de túneles e o mobiliario urbano terá unha dedicación superior aos 300.000 euros e, ademais, destinaranse 85.000 euros a acometer melloras nas praias e haberá 800.000 euros para as instalacións de parques, a recuperación de zonas verdes e parques públicos e o desenvolvemento de parques infantís e biosaudables supoñerá un investimento de 800.000 euros.

Por último, o investimento nas instalacións e equipamentos municipais terá un importe de 600.000 euros para a posta en funcionamento do terceiro ascensor da Casa do Concello, para os equipos informáticos, as oficinas descentralizadas ou o patrimonio municipal.
Descargar todas as imaxes