venres, 11 novembro 2016

O Concello destina máis de 700.000 euros á humanización das rúas Aragón e Gregorio Espino

venres, 11 nov 2016

As obras renovarán os pavimentos, a iluminación, as xardineiras e o mobiliario urbano así como o saneamento e abastecemento. A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a redacción do proxecto de renovación da rede de abastecemento de Teis nas zonas de Mimosa, Xorxa e Arnela e a adxudicación da xestión do albergue á Cruz Vermella por un prezo superior aos 3 millóns de euros.

O alcalde pon en valor o traballo dos deportistas vigueses de alto nivel

venres, 11 nov 2016

O alcalde recibiu a unha representación dos 23 deportistas vigueses beneficiarios das axudas municipais para competicións de alto nivel, tanto en Europa como no resto do mundo ou das olimpíadas e paraolimpíadas, para a temporada 2015-2016. As mozas e mozos vigueses de diferentes idades e especialidades recibiron do Concello un total de 33.000 euros e foron eloxiados polo alcalde, quen se amosou "satisfeito" polo labor que realizan e anunciou que seguirá apoiando o deporte da cidade.