O goberno local mellora o tráfico e a seguridade viaria en Sanjurjo Badía con 6 novos semáforos
Co obxectivo de facer a vía "máis porosa" mellorando a fluidez e o tránsito seguro dos peóns, o Concello vén de instalar nova sinalización vertical nunha vía que rexistra unha alta intensidade circulatoria. Caballero explicou que, dende o ano 2011, a acción municipal neste ámbito supuxo a instalación de 80 novos equipamentos.
O alcalde achegouse este venres á rúa Sanjurjo Badía para coñecer as actuacións efectuadas en materia de tráfico e seguridade viaria para facela "máis porosa" logo das obras de humanización. Así, nunha vía na que había dous semáforos ata o de agora, veñen de instalarse 6 novos cos que o Concello quere mellorar o tránsito de peóns e a intensidade circulatoria dos vehículos.
Esta é unha acción que se estende a toda a cidade, segundo explicou Caballero, porque está cambiando a maneira de configurala xa que antes do seu goberno "Vigo estaba feito para automobilistas e non peóns, para que non se fose a pé senón no coche". Así, estes novos semáforos están centralizados e contan con tecnoloxía 3D que permite controlalos desde a Sala de Pantallas, ampliando ou reducindo o seu ciclo en función das necesidades do tráfico.
Ademais, o rexedor mencionou as importantes melloras da rede semafórica realizadas na cidade dende o ano 2011 con máis de 80 novos equipamentos de diferente tipo: 21 semáforos, 34 accesos peonís semaforizados, 9 cámaras de control de tráfico novas, chegando a 38 en total, 160 ópticas verdes con sinal acústica para peóns invidentes con activación bluetooh ou mando a distancia, 122 sensores bluetooth para medir tempos de percorrido, 7 paneis de mensaxes variables para condutores ou un sistema de recoñecemento de matrículas. En definitiva, resumiu, un "sistema de cidade intelixente que nos permite mobilizar o tráfico na dirección que queiramos para darlle maior fluidez", unha acción que seguirá adiante.
Nova praza en Sanjurjo Badía
O alcalde anunciou tamén que vén de encargar o proxecto dunha nova praza con zona verde para a cidadanía na confluencia das rúas Sanjurjo Badía e Santander, onde quere transformar unha zona dura de aparcamento nunha nova praza cidadá para Teis, seguindo coa política de humanizacións iniciada na cidade cos seu goberno.
Descargar todas as imaxes