Escoitar

"PROXECTOS 2016", nova exposición na Escola de Artes e Oficios

O Espazo EMAO inaugura o venres 11 de novembro ás 19.00 horas una mostra cos proxectos artesanos e artísticos realizados polo alumnado que rematou os seus estudos do nivel avanzado das especialidades da Escola Municipal de Artes e Oficios no curso 2015-2016.

xoves, 10 nov 2016
1478781092cartelemao.JPG
A Mostra que se abre nestes días na Sala de Exposicións da EMAO recolle o producto final do desenvolvemento deses proxectos, en concreto, das especialidades de Cerámica artística, Serigrafía artística, Ourivaría, Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Construcción de instrumentos-Gaita e Deseño e encaixe de palillos.

Un total de 26 obras de grande calidade, que supoñen a plasmación material dun ano de traballo de investigación, formación, conceptualización e fabricación baixo as premisas dos dous eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica e a creatividade.
Descargar todas as imaxes