Caballero resalta o crecemento dun 12,3% da partida de política social para 2017
As contas municipais para 2017 incorporan unha suba dun 12,3% na partida global de política social. O rexedor defendeu esta mañá este incremento nun orzamento que tamén recolle importantes investimentos para humanizacións, educación e deporte.
A partida global de política social nos orzamentos de 2017 inclúen unha subida dun 12,3% respecto do ano anterior, xa que pasa de 12.686.569 a 14.247.342 euros. Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, a dedicación social das contas municipais suma 1,5 millóns á que xa era "a maior política social de toda España". Debullando programas concretos, destacou un incremento de 40.000 euros en axudas antidesafiuzamento, que pasou de 2.482.000 a 2.442.000 euros; unha suba de 160.000 euros no albergue, pasa de recibir 670.000 a 830.000 euros. Por último, referiuse ao que considerou o servizo máis importante, o programa de Axuda no fogar ou dependencia, ao que o Concello pasa de adicar 3.189.000 a 4.519.300 euros, o que supón un incremento de 1.330.000 euros nun só ano.
Máis investimento en humanizacións e deporte
Caballero apuntou tamén que o orzamento do vindeiro ano contempla novos investimentos en humanizacións como a segunda fase de Marqués de Valterra, o tramo entre Canceleiro e Serafín Avendaño en Rosalía de Castro, as rúas García Olloqui, García Lorca, Bueu ou a nova fase en Canceleiro. Tamén mencionou a inversión nos novos ascensores para comunicar as rúas Juan Ramón Jiménez con Valterra, as rúas Torrecedeira e Pi Margall e San Salvador coa Praza de Isabel a Católica. En canto ao aparcamento do hospital Álvaro Cunqueiro explicou que aparece no vindeiro presuposto porque "a Xunta parouno e non nos deixaron facelo á velocidade que queriamos".
O rexedor destacou tamén o presuposto inversor previsto polo Concello para a Panificadora, de 2,5 millóns de euros, e para as infraestruturas deportivas como é o caso do novo pavillón polideportivo nas Travesas, o pavillón de Monte da Mina, a segunda fase da instalación de desfibriladores en instalacións ou o Estadio de Balaídos. Amais, sinalou que o Concello debe asumir a cubrición de novos patios de colexios, algo que "tiña que facer a Xunta de Galicia" e, aínda no ámbito dos pequenos, informou do investimento de 650.000 euros en parques infantís.