Caballero destaca o éxito dos concurso de tapas para dinamizar a hostalería da cidade
O alcalde animou esta mañá a todo Vigo a participar nas distintas accións de promoción da hostalería que se están a desenvolver na cidade. Concretamente, hoxe entregáronse os premios da Ruta de Pinchos de Teis e o próximo 18 de novembro arrancará Seguimos de tapas en Rosalía de Castro e García Barbón, entre outras rúas do arredor.
O rexedor participou esta mañá na entrega de premios da terceira edición da Ruta de Pinchos de Teis, un concurso organizado pola asociación de comerciantes e no que participaron 17 establecementos. Durante o acto, o rexedor puxo en valor este tipo de iniciativas porque favorecen a actividade hostaleira e animou a todo Vigo a participar neste tipo de accións.
Na mesma liña, Caballero deu conta dun encontro que mantivo onte na Alcaldía con comerciantes das rúas Rosalía de Castro, García Barbón, Areal, Oporto, Canceleiro, Serafín Avendaño, Pontevedra e República Argentina para cooperar na posta en marcha do concurso Seguimos de tapas. Case unha trintena de establecementos distribuídos en doce rúas participarán nun concurso que se desenvolverá entre o 18 de novembro e o 10 de decembro.