martes, 20 feb 2018
O próximo venres 23 de febreiro abrirá as súas portas na Terminal de Cruceiros o Salón FranquiAtlántico que nesta décimo oitava edición reunirá a 200 firmas. Un ano máis, o Concello de Vigo apoia esta cita empresarial que trata de fomentar o autoemprego.
luns, 12 feb 2018
O alcalde recibiu este luns aos responsables da firma Somos Océano para coñecer os detalles da feira de grupos de xente xove a organizar na cidade en vindeiras datas. Caballero ofreceu o apoio municipal aos emprendedores despois de que propuxeran Vigo como sede da feira na que venderán e promoverán os seus produtos.
mércores, 7 feb 2018
A Xunta de Goberno Local dará este xoves o visto bo aos plans de obras e servizos sociais para presentar á convocatoria de achegas e subvencións destinadas á contratación temporal. O alcalde destacou a iniciativa municipal como unha acción de "gran envergadura" que supón un investimento de preto de 1 millón de euros.
martes, 23 xan 2018
A Xunta de Goberno Local aprobou este martes a clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- para a contratación dos servizos de formación do programa "Vigo polo emprego da mocidade", informou Abel Caballero. O Concello impartirá cursos de creación e xestión de microempresas, páxinas web e hostelería, entre outros.
mércores, 17 xan 2018
O rexedor participou na inauguración do congreso SED Somos Emprendedores Dixitais, un dos principais encontros do sector que contou con máis de 20 relatores internacionais e reuniu a uns 200 participantes.
venres, 12 xan 2018
O alcalde amosa a súa satisfacción co incremento do números de visitantes, un 31% respecto a 2015, e de ocupación hoteleira, do 100% nos primeiros días do ano. A Federación de Comercio de Pontevedra entregará ao Concello a súa medalla de ouro
xoves, 11 xan 2018
O alcalde destacou este xoves o esforzo do goberno local en políticas sociais co programa destinado a organizacións sen ánimo de lucro. A Xunta de Goberno tamén aprobou a humanización dun treito da Avenida Ramón Nieto.
venres, 29 dec 2017
O rexedor anunciou a aprobación en Xunta de Goberno Local da oferta de emprego público do ano 2017 cun total de 80 prazas. A estas súmanse outras 132 do Plan Vigo Emprega, vinculadas ao Programa Vigo Vertical.
xoves, 14 dec 2017
Caballero informou da aprobación das bases e convocatoria de selección de 132 traballadores para a edición 2018 do Vigo Emprega, profesionais que farán desde construción de beirarrúas ata melloras en colexios, no refuxio municipal da Madroa e no acceso ao Vao, entre outras.
luns, 4 dec 2017
David Regades, primeiro tenente de alcalde vigués, visitou este luns a primeira lanzadeira de emprego da cidade asentada nos próximos cinco meses no Auditorio Mar de Vigo e conformada por 20 persoas desempregadas, 13 mulleres e 7 homes, que buscan un traballo ou novas oportunidades laborais. Na lanzadeira realizarán diversas actividades formativas co obxectivo de conseguir a súa inserción laboral. A iniciativa foi posta en marcha polo Concello xunto á Fundación Telefónica e á Fundación Santa María la Real e cofinanciada polo Fondo Social Europeo.