Vinte persoas integran a I Lanzadeira de Emprego de Vigo

luns, 4 dec 2017

David Regades, primeiro tenente de alcalde vigués, visitou este luns a primeira lanzadeira de emprego da cidade asentada nos próximos cinco meses no Auditorio Mar de Vigo e conformada por 20 persoas desempregadas, 13 mulleres e 7 homes, que buscan un traballo ou novas oportunidades laborais. Na lanzadeira realizarán diversas actividades formativas co obxectivo de conseguir a súa inserción laboral. A iniciativa foi posta en marcha polo Concello xunto á Fundación Telefónica e á Fundación Santa María la Real e cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

O Concello e a Fundación Telefónica formarán a 25 vigueses na linguaxe de programación JAVA

xoves, 2 nov 2017

O alcalde, Abel Caballero, tomou parte este xoves na presentación pública, xunto á directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez, e o director de Relacións Institucionais e Coordinación Territorial da Fundación Telefónica, Joan Cruz. O curso formará durante cinco meses a alumnado de entre 18 e 35 anos nunha das linguaxes de programación con máis demanda no sector tecnolóxico.