venres, 29 dec 2017
O rexedor anunciou a aprobación en Xunta de Goberno Local da oferta de emprego público do ano 2017 cun total de 80 prazas. A estas súmanse outras 132 do Plan Vigo Emprega, vinculadas ao Programa Vigo Vertical.
xoves, 14 dec 2017
Caballero informou da aprobación das bases e convocatoria de selección de 132 traballadores para a edición 2018 do Vigo Emprega, profesionais que farán desde construción de beirarrúas ata melloras en colexios, no refuxio municipal da Madroa e no acceso ao Vao, entre outras.
luns, 4 dec 2017
David Regades, primeiro tenente de alcalde vigués, visitou este luns a primeira lanzadeira de emprego da cidade asentada nos próximos cinco meses no Auditorio Mar de Vigo e conformada por 20 persoas desempregadas, 13 mulleres e 7 homes, que buscan un traballo ou novas oportunidades laborais. Na lanzadeira realizarán diversas actividades formativas co obxectivo de conseguir a súa inserción laboral. A iniciativa foi posta en marcha polo Concello xunto á Fundación Telefónica e á Fundación Santa María la Real e cofinanciada polo Fondo Social Europeo.
xoves, 23 nov 2017
O alcalde inaugurou o primeiro Congreso Internacional "A prevención e a Seguridade Industrial 4.0" que se celebra hoxe xoves e mañá venres no Círculo de Empresarios de Galicia. Durante a súa intervención, destacou a importancia de que a "capacidade de innovar beneficie ao conxunto da sociedade". <br />
luns, 13 nov 2017
O alcalde lembrou a importancia da temática deste obradoiro chamado "Empleo digital", que xorde tras o convenio asinado polo goberno local coa Fundación Telefónica.
xoves, 9 nov 2017
O programa "Vigo polo emprego da mocidade" permitirá ao Concello impartir formación a 165 mozos e mozas menores de 30 anos para facilitar a súa inserción laboral. Esta iniciativa, dotada con 670.000 euros, está financiada nun 80% con fondos Feder.
martes, 7 nov 2017
Os Premios Nacionais de Comercio Interior 2017 veñen de recoñecer a labor do Concello en pro do comercio como motor económico da cidade. O Ministerio de Economía, Industria concedeulle a Vigo unha mención honorífica na categoría de concellos.
xoves, 2 nov 2017
O alcalde, Abel Caballero, tomou parte este xoves na presentación pública, xunto á directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez, e o director de Relacións Institucionais e Coordinación Territorial da Fundación Telefónica, Joan Cruz. O curso formará durante cinco meses a alumnado de entre 18 e 35 anos nunha das linguaxes de programación con máis demanda no sector tecnolóxico.
xoves, 26 out 2017
O alcalde participou esta mañá na apertura do II Salón Empresarias de Galicia onde insistiu na necesidade de levar a bandeira de igualdade en todos discursos públicos e en todos os ámbitos. No Auditorio Mar de Vigo, eloxiou ás asistentes, mulleres con "gran capacidade que conseguiron romper paredes que parecían inamovibles". <br />
xoves, 19 out 2017
No marco da inauguración do III Congreso Internacional de Enxeñería Civil e Territorio Galicia-Norte de Portugal, que reúne na cidade a máis de 300 especialistas en xestión e conservación de obra pública, Abel Caballero salientou o papel dos enxeñeiros na vertebración dos novos modelos de cidade pensadas para a infancia, os maiores e as persoas con discapacidade. Amais, puxo en valor a revolución imparable de Vigo coas humanizacións, ramplas e ascensores que melloran a calidade de vida da cidadanía. <br />