O Concello de Vigo aproba tres programas de emprego para a contratación de 172 persoas
A Xunta de Goberno Local dará este xoves o visto bo aos plans de obras e servizos sociais para presentar á convocatoria de achegas e subvencións destinadas á contratación temporal. O alcalde destacou a iniciativa municipal como unha acción de "gran envergadura" que supón un investimento de preto de 1 millón de euros.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobará este xoves tres programas de emprego que permitirán contratar a un total de 172 persoas cun investimento de preto de 1 millón de euros. Trátase dos plans para o fomento de emprego destinados a receptores da Risga, entidades locais e mocidade. "Estamos ante unha acción de gran envergadura con case que 1 millón de euros de investimento", destacou Abel Caballero este mércores.
En primeiro lugar, o rexedor apuntou que aprobaranse as memorias de obras e servizos de interese social a presentar á convocatoria de achegas e subvencións para a contratación temporal de persoas en situación de risco de exclusión social perceptoras da Risga. Neste caso o plan está valorado en 166.000 euros (a solicitar á Xunta) para contratar a 27 persoas durante 7 meses que levarán a cabo obras de limpeza de cunetas e fincas, instalación de sistemas de rego, axardinamentos, rebaixes de pasos de peóns e pavimentados.
Ademais, un segundo programa será para a mellora da empregabilidade no ámbito da colaboración coas entidades locais. Ten un orzamento de 417.080 euros e o Concello aporta 150.000 euros máis para material e vestiario. Os proxectos serán para limpeza de camiños e valados, retirada de carteis e pintadas, mellora en parques, plans de Protección Civil para operativos en seguridade viaria, vixilancia en areais e apoio de emerxencias e mantemento de zonas rurais. Serán contratadas un total de 138 profesionais: 56 para mantemento de zonas rurais, 22 de Protección Civil, 33 en Parques e xardíns, 9 para limpeza de pintadas na cidade e outros 18 para limpeza no rural.
Por último, a Xunta de Goberno aprobará de subvención do Fondo Social Europeo para o proxecto "Vigo polo emprego da mocidade II" cun orzamento de 100.000 euros. Está destinado á dar formación e orientación a 75 alumnos, maiores de 16 anos e menores de 30 anos, para o que levarase a cabo a contratación de 7 profesores entre xuño a decembro de 2018. A primeira parte do programa "Vigo polo Emprego da mocidade" xa investiu en 2017 un total de 840.000 euros na formación de 165 mozos.