Escoitar

O alcalde garante que o Gran Peña poderá utilizar o campo do Carballal de forma gratuíta

Caballero asegurou que o equipo vigués desfrutará das novas instalacións, nas que o Concello investiu 1,2 millóns de euros, a "custe cero".

mércores, 7 feb 2018
O alcalde informou este mércores de que o club de fútbol Gran Peña poderá seguir utilizando o campo do Carballal de forma gratuíta e sen custe algún. Abel Caballero explicou que o Concello de Vigo levou a cabo nos últimos meses unha reforma integral das instalacións deportivas cun investimento de 1,2 millóns de euros.

"O Gran Peña vai a desfrutar do campo de Carballal por cero euros, gratis total, e vai a desfrutar das instalacións, tras obras de reparación que custaron 1,2 millóns de euros, no 95 por cento do tempo, practicamente en exclusiva e a custe cero", afirmou o rexedor.