Escoitar

O goberno de Vigo concede 92 becas de estudos no estranxeiro a alumnado da Escola de Idiomas

Abel Caballero relatou que os beneficiarios cursarán estudos en Londres, París, Berlín, Roma, Lisboa, Toquio e Pequín. O Concello outorga este ano 842 bolsas de inglés para estudantes de Secundaria e da Escola de Idiomas, para o que adica case dous millóns de euros.

mércores, 7 feb 2018
O goberno de Vigo leva este xoves á Xunta de Goberno Local a proposta de adxudicación das bolsas "Concello de Vigo" na Escola de Idiomas para estancias lingüísticas no estranxeiro, con 92 estudantes beneficarios do programa municipal este ano.

O alcalde de Vigo adiantou este mércores a resolución dun programa para o que o Concello reserva 160.000 euros. Así, 57 estudantes da sede viguesa da Escola Oficial de Idiomas cursarán inglés en Londres, outros 10 farano en París, tres en Berlín, 14 en Roma, catro en Lisboa, dous en Toquio e outros dous en Pequín.

Este programa engádese ao "Vigo en Inglés", que permitirá a 750 alumnos/as de Secundaria cursar estudos no Reino Unido cunha axuda do Concello, co que o total de estudantes vigueses que este 2018 viaxarán ao estranxeiro a formarse en idiomas ascende a 842 cun importe próximo aos dous millóns de euros.

Abel Caballero explicou que "damos nós máis becas para estudar inglés en Inglaterra que toda a comunidade autónoma de Madrid e toda Cataluña xuntas".