luns, 8 xul 2024
A carreira Ponlle freo chega a Vigo este domingo (10:00 horas) coa colaboración do Concello e a organización de Atresmedia. Caballero avanzou que a proba terá principio e fin no Paseo de Alfonso, con saída única e dúas distancias de 5 e 10 quilómetros.
venres, 5 xul 2024
Abel Caballero deu conta da aprobación da licitación para a construción da grada de Gol do Estadio Municipal de Balaídos cun importe de 25,5 millóns de euros, financiado ao 50% coa Deputación de Pontevedra. Tamén no ámbito deportivo o goberno local comeza coa tramitación para a renovación dos vestiarios de todos os campos de fútbol municipais.
martes, 2 xul 2024
O Trofeo Internacional Cidade de Vigo de grupos show vaise celebrar esta fin de semana (16:00 horas, sábado e domingo) no Pavillón Central do complexo deportivo municipal das Travesas.
luns, 1 xul 2024
O festival volve a Vigo o 8, 9, 10 e 11 de agosto para volver a converter a cidade no epicentro mundial dos deportes de acción e cultura urbana. Abel Caballero e Carlos Domínguez asinaron esta mañá o convenio polo que o Concello achega un millón de euros á organización deste gran evento.
venres, 28 xuñ 2024
O rexedor sinalou que se trata dunha carreira “federada” da “máxima importancia” para Vigo. A proba disputarase dende as 10:30 horas, organizada polo Club Ciclista Teis, en colaboración co Concello de Vigo.
xoves, 27 xuñ 2024
O alcalde informou esta mañá que o trofeo vai disputarse entre o 28 de xuño e o 7 de xullo nos complexos municipais de Navia e Barreiro. "Este ano estamos por enriba dos 600 inscritos e con categorías para todos os niveis", recalcou, sinalando que tamén competirán xogadores e xogadoras de elite de toda Galicia. O sábado 29 de xuño disputarán o torneo máis de 100 cativos e cativas, en Barreiro.
venres, 21 xuñ 2024
O Marisquiño volve a Vigo o 8, 9, 10 e 11 de agosto para volver a converter a cidade no epicentro mundial dos deportes de acción e cultura urbana. O Concello dedica un millón de euros ao financiamento deste festival.
venres, 21 xuñ 2024
A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación desta obra así como o proxecto de substitución da tubaxe de abastecemento de auga da Avenida de Samil e o proxecto básico e de execución da reforma das dependencias da Policía Local.
xoves, 20 xuñ 2024
O alcalde interveu esta mañá na presentación da competición automobilística, celebrada na sede da Fundación Recalvi, sinalando que “é un orgullo para a cidade apoiar esta proba” que este ano volve ao calendario do Súper Campeonato de España de Rallys. Disputarase entre o 4 e o 6 de xullo, sendo a quinta proba das nove puntuables.
mércores, 19 xuñ 2024
No balance do primeiro ano de acción do seu goberno, Abel Caballero deu conta da construción de 27 vivendas a prezo taxado en Esturáns e da próxima construción de 88 vivendas en Barreiro.