O Concello subvenciona o festival urbano O Marisquiño cun millón de euros neste 2024
O Marisquiño volve a Vigo o 8, 9, 10 e 11 de agosto para volver a converter a cidade no epicentro mundial dos deportes de acción e cultura urbana. O Concello dedica un millón de euros ao financiamento deste festival.
O alcalde deu conta esta mañá da subvención dun millón de euros para a organización de O Marisquiño 2024. Durante os días 8, 9, 10 e 11 de agosto, Vigo volverá ser epicentro mundial dos deportes de acción e cultura urbana.
Lembrou que a praia de Samil repetirá como centro neurálxico do festival dado a “magnífica” experiencia que supuxo este enclave en anteriores edicións.
Caballero afeou ao resto das administracións que non cooperen con este evento financiado “exclusivamente” polo Concello.