mércores, 19 xuño 2024

O alcalde destaca a construción dunha cidade distinta baseada no diálogo permanente coa cidadanía

Abel Caballero realizou esta mañá o balance do primeiro ano do mandato 2023-2027 no que, segundo explicou, o goberno municipal consolidou o modelo de xestión que permite seguir avanzando cara a unha cidade “distinta”. Así o explicou Caballero ao presentar as iniciativas desenvolvidas no último ano que inciden na calidade de vida da cidadanía co desenvolvemento de infraestruturas de accesibilidade, humanizacións en toda a cidade ou accións en abastecemento e saneamento da auga que consolidan a Vigo como a cidade máis limpa de España. Moitas destas actuacións son financiadas con fondos europeos, celebrou o rexedor.

O rexedor sitúa a aprobación provisional do PXOM como “un dos fitos históricos da cidade”

mércores, 19 xuñ 2024

A aprobación provisional do PXOM foi un dos grandes avances urbanísticos neste primeiro ano de mandato, “un gran fito histórico”, destacou Abel Caballero, nun acto no que fixo balance do seu goberno desde xuño de 2023. A recuperación do paseo do Lagares ou as primeiras licenzas de construción para o Barrio do Cura son outras das accións destacadas.

O rexedor visita ao alumnado de Primaria do Colexio San José de Cluny

mércores, 19 xuñ 2024

O alcalde e a concelleira de Educación, Olga Alonso, visitaron este mércores o Colexio San José de Cluny para reunirse co estudantado de segundo de Primaria que elixiu a Abel Caballero como personaxe destacado nun traballo sobre personalidades da cidade. Amais, elixiron as Illas Cíes como o mellor lugar de Vigo. O rexedor aseguroulles que o goberno municipal seguirá aumentando os parques de xogos infantís, as zonas de deporte e as actividades do Nadal.