Escoitar

O Concello recibe 19 solicitudes para organizar fogueiras de San Xoán

O alcalde informou este martes do proceso de concesión dos permisos para realizar cacharelas na noite deste domingo. Os bombeiros están revisando os emprazamentos e o material das fogueiras e “unha vez realizadas as comprobacións, outorgaranse as oportunas autorizacións”.

martes, 18 xuñ 2024

O alcalde explicou que o goberno local recibiu 19 solicitudes de diferentes entidades e asociacións para organizar fogueiras na noite de San Xoán, na noite do domingo 23 ao luns 24 de xuño.

Nestes momentos, as peticións están pendentes de seren autorizadas xa que, os bombeiros están supervisando os espazos da celebración para examinar o emprazamento e os materiais que se van a utilizar e tamén debe ser revisada a documentación presentada na solicitude para garantir a seguridade.

Tal e como apuntou Caballero, dous días antes, comezarán a revisión das fogueiras xa montadas para conceder a autorización definitiva, no caso de que se cumpran todos os requisitos. O alcalde reiterou que, tal e como recolle en Bando do Concello, quedan prohibidas, as cacharelas nas praias, parques e xardíns de titularidade municipal.

As entidades solicitantes, pendentes da concesión do permiso, son as que seguen:

- Asociación Veciños Teis (ETEA)

- Asociación Nosa Terra de Alcabre

- Asociación Sociocultural As da Industria – Parque Joaquín García Picher

- Comisión festas San Xoán Bautista de Freixo

- Sociedade Atlántida de Matamá – Alameda

- Asociación de Veciños Doutor Xosé Casas – Alameda Eduardo Cabello en Bouzas

- Asociación de Veciños San Mamede de Zamáns – centro cultural

- Comisión festas San Blas de Bembrive – rúa Espedrás

- Asociación de Amigos do Seixo

- Asociación Cultural Valladares – centro sociocultural do Pedregal

- Real Aeroclub de Vigo

- Asociación Cultural e Deportiva de Candeán

- Lola & Lía – Camiño Muíños 15-17

- Monte da Mina

- Asociación Veciñal Val do Fragoso

- Asociación Casco Vello do Berbés

- Asociación Veciñal Cabral - Santa Mariña 95

- CRAC de Coruxo- Torreiro do Vao

- Club de Campo

- Solicitude particular

Descargar todas as imaxes