venres, 21 xuño 2024

"Sentada na Rúa" enche a Porta do Sol de inclusión

venres, 21 xuñ 2024

O rexedor visitou este venres xunto á tenente de alcalde, Carmela Silva, e á concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, a intervención artística "Sentada na Rúa". A acción, organizada polo Concello e APAMP, dentro da programación do Festival de Arquitectura TAC!, amosa as máis de setenta cadeiras que contan as súas propias historias, realizadas por 30 centros, entidades e colectivos da cidade e doutras zonas de Galicia. Como indicou Caballero na súa intervención, "reconquistar o espazo para as persoas con discapacidade".

O alcalde saúda á Selección Española de Baloncesto Femenino antes da disputa do Torneo Cidade de Vigo

venres, 21 xuñ 2024

As xogadoras nacionais enfrontaranse ás seleccións de Turquía e China, na noite de hoxe e o domingo 23 de xuño, respectivamente. Tras o derradeiro adestramento prepartido, Abel Caballero achegouse ao pavillón das Travesas, saudando ao seleccionador vigués, Miguel Méndez, e ao resto dos integrantes no stage que realizan en Vigo. O rexedor intercambiou impresións coas xogadoras, entre as que se atopa a internacional olívica, María Araújo. No acto aproveitaron para intercambiar agasallos conmemorativos, aproveitando o rexedor para convidalos "a xogar e adestrar en Vigo" sempre que o desexen, para posteriormente desexarlles "toda a sorte do mundo nas Olimpíadas de París".

Vigo súmase aos días mundiais contra a ELA e Síndrome de Dravet

venres, 21 xuñ 2024

O Concello iluminará de verde as fontes de Aragón hoxe venres, 21 de xuño, para celebrar o Día Mundial contra a Esclerose Lateral Amiotrófica, unha data impulsada por asociacións de pacientes de todo o mundo para concienciar sobre a enfermidade e esixir máis investigación, un piar para conseguir aumentar a esperanza de vida dos pacientes con ELA. O domingo, 23 de xuño, as fontes de Aragón tínguense de morado para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Dravet, unha encefalopatía epiléptica de orixe xenética enmarcada na familia patolóxica das canalopatías, xa que aproximadamente o 80% dos pacientes afectados presenta unha mutación no xen SCN1A.