Escoitar

O programa de Educación básica para adultos forma ao redor de 180 mulleres cada ano

O Concello contratará de novo o programa que permite seguir formando a persoas adultas con clases de alfabetización, cálculo matemático e novas tecnoloxías. Nestes momentos hai 180 alumnos dos que a maioría son mulleres de idade avanzada que non tiveron a oportunidade de formarse no seu momento.

venres, 21 xuñ 2024
Foto de arquivo dunha entrega de diplomas.
Foto de arquivo dunha entrega de diplomas.

O Concello vén de licitar o servizo de xestión, organización e desenvolvemento do programa municipal de “Educación básica en persoas adultas” por importe de 160.000 euros e un período de catro anos, a razón de 40.000 euros anuais. O perfil da maioría dos 180 alumnos actuais é o dunha muller de certa idade que no seu día non tivo acceso a formarse.

Impártense clases de alfabetización, cálculo matemático e novas tecnoloxías -uso do teléfono e do ordenador – en horario de mañá ou de tarde con sesións de 1 hora e media aproximadamente. Para facilitar a participación, a formación ofrécese nas asociacións de veciños do Calvario, Cristo de la Victoria (Coia), Sárdoma, Bembrive, Lavadores, Teis e centro.

Bolsas da Escola de Idiomas

A Xunta de Goberno adxudicou as bolsas para estancias lingüísticas no estranxeiro para o alumnado da Escola de Idiomas de Vigo. Adxudicáronse 44 axudas en diferentes idiomas: inglés, 16; francés, 4; alemán, 5; italiano, 7; portugués, 1; xaponés e chinés, 3. Tal e com explicou o alcalde a cuantía da bolsa oscila entre os 1.700 e os 2.200 euros, en función do país elixido.

O Concello subvenciona a estadía de dúas semanas, gastos de viaxe, matrícula do curso intensivo cun programa mínimo de 15 horas lectivas, aloxamento e seguro médico. Este programa está dotado con 175.000 euros.

Descargar todas as imaxes