Escoitar

O rexedor sitúa a aprobación provisional do PXOM como “un dos fitos históricos da cidade”

A aprobación provisional do PXOM foi un dos grandes avances urbanísticos neste primeiro ano de mandato, “un gran fito histórico”, destacou Abel Caballero, nun acto no que fixo balance do seu goberno desde xuño de 2023. A recuperación do paseo do Lagares ou as primeiras licenzas de construción para o Barrio do Cura son outras das accións destacadas.

mércores, 19 xuñ 2024
Foto de arquivo dunha visita ás obras de rehabilitación do paseo do Lagares.
Foto de arquivo dunha visita ás obras de rehabilitación do paseo do Lagares.

O primeiro ano de goberno da quinta lexislatura de Abel Caballero foi un exercicio cheo de avances urbanísticos, desde a aprobación provisional do PXOM, a luz verde dos Plan Especiais de Infraestruturas e Dotacións para a Biblioteca do Estado e o colexio Párroco Don Camilo, pasando pola validación das licenzas de construción do Barrio do Cura que se iniciará en breve e que suporá unha das “transformacións históricas de Vigo”. Súmase a aprobación definitiva do estudio de detalle de Hernán Cortés, xa en execución, para o que se derrubaron as edificacións reordenando a zona para crear unha nova praza pública.

Tal e como debullou o rexedor na súa intervención, neste período asinouse o convenio entre Concello, Adif e Xunta para acometer os novos accesos a Vialia -desde a autoestrada ao aparcamento-, ao tempo que se rubricou o convenio coa empresa construtora para a cesión á cidade da praza exterior de 20.000 m2, un espazo que será atendido ao 50% entre Concello e Vialia.

O Instituto de Navia é outro dos logros deste ano dado que, finalmente, a Xunta asinou o convenio “de obrigado cumprimento” que garante o compromiso financeiro e, polo tanto, a construción deste centro educativo que evitará que o alumnado teña que desprazarse a oito quilómetros de distancia.

Destacou tamén a recuperación do Lagares, central na acción do goberno local, e que continúa coa rehabilitación dun paseo que chegará a ter 12 quilómetros. “O Lagares é unha xoia para a cidade e estaba escondido”, asegurou.

Educación

No balance da área de Educación deste primeiro ano do mandato 2023-2027, destacou Caballero as 25.000 bolsas de libros que recibiron outros tantos estudantes, os mil mozos e mozas que gozarán da súa estadía en inmersión lingüística no Reino Unido ou os usuarios das nove escolas infantís que son completamente gratuítas con comedor incluído. Ademais, o Concello mantén 51 centros públicos de Infantil e Primaria, así como 5 escolas municipais de ensino non regrado que son case de balde para o alumnado.

Outro dos servizos para a mocidade prestados polo Concello, neste caso desde Xuventude, son os campamentos de verán, que este ano ofertará case 4.500 prazas. Vigosónico, pola súa banda, segue funcionando con cursos e actividades varias vencelladas coa creatividade musical.

 

 

 

 

 

 

Descargar todas as imaxes