luns, 14 ago 2023
O Balonmán Lavadores Petanca mostroulle a Abel Caballero o trofeo do terceiro posto conseguido no Campionato de España de Balonmán Praia en categoría infantil feminina, "un logro histórico para este deporte na cidade", como indicou o rexedor. Por outra banda, tamén recibiu os deportistas do Clube Piragüismo Olívico, que volveron do Campeonato de España de Novas Promesas con dous medallistas.
luns, 14 ago 2023
Máis de 150.000 persoas asistiron ao entorno de Samil para participar e presenciar as actividades deportivas e festivas de O Marisquiño. Os hoteis rexistraron unha ocupación do 94% durante a fin de semana.
xoves, 10 ago 2023
O rexedor acompañado da tenente de alcalde, Carmela Silva, e os organizadores do evento, achegouse esta mañá ata a zona de Samil, onde este ano se instalarán cinco probas do festival O Marisquiño. O alcalde puido falar cos primeiros deportistas que xa están na cidade para participar no evento que se desenvolve na cidade o 11, 12 e 13 de agosto. "Moitos son deportes olímpicos e veñen a facer as súas marcas para participar nas Olimpiadas. Este evento supera as 100.000 personas. A afluencia é masiva na cidade. É o evento máis importante que se fai en Europa", declarou.
xoves, 10 ago 2023
Abel Caballero explicou que o Concello “inicia o proceso de construción”, aprobando na Xunta de Goberno de mañá o expediente de contratación do proxecto por un valor de 223.076,51 €.
mércores, 9 ago 2023
Abel Caballero explicou hoxe que "os socorristas estarán dende as 11:00 da mañá, unha hora antes do habitual" debido a elevada afluencia que terá O Marisquiño en Samil. Ademais dende o venres a praia de Samil contará con 2 enfermeiras, dispositivo habitual só para as fins de semana. O rexedor sinalou que é unha medida máis "que realizamos dende o Concello para que a celebración do Marisquiño sexa un éxito".
martes, 8 ago 2023
O rexedor acompañado da tenente de alcalde, Carmela Silva, e os organizadores do evento, achegouse esta mañá ata A Laxe, onde este ano se instalará a pista e a bancada. Caballero quixo recalcar o apoio que recibe O Marisquiño por parte do Concello de Vigo, "asumindo a totalidade da financiamento, para garantir a continuidade do evento de xeito gratuíto para toda a cidade".
luns, 7 ago 2023
Abel Caballero recibiuos os equipos Alevín Masculino de Primeira División e Alevín Feminino de Primeira División que veñen de participar no Campionato de España de Clubs Alevín 2023 en Granada e na Copa de España Alevín 2023 que se disputou en Valencia, respectivamente. Caballero felicitou esta mañá aos xogadores e xogadoras que veñen de sumar bos partidos fóra de Vigo, e animou ao Seis do Nadal a organizar un torneo que achegue a outros equipos de España a participar en Vigo e darlle máis entidade ao Club.
martes, 1 ago 2023
Abel Caballero deu os seus parabéns ao campión de España Adultos II de Latinos, Ismael Pardo, que foi o vencedor xunto á súa parella de Praga, Julie Sorokolit, nesta modalidade de baile. O campionato celebrouse en Alicante a finais de xuño e Ismael Pardo fíxose coa primeira posición entre máis de 1.700 participantes. É a primeira vez que un club vigués consigue esta distinción e cunha vitoria plena, con 5/5 bailes no primeiro posto. Ismael Pardo acudiu xunto Emma López, técnico do Clube de Baile Deportivo ao Compás.
xoves, 27 xul 2023
O rexedor acudiu esta mañá ao acto de presentación que se realizou no hotel Los Galeones, no que estaba presente o director do torneo, Pablo González, e o presidente da Federación Galega, José Mosquera Casero. O Concello é o patrocinador principal deste evento, que contará cunhas 60 raquetas entre o cadro clasificatorio e a fase principal.
xoves, 20 xul 2023
Vigo acolle a vixésimo terceira edición do festival entre o 11 e o 13 de agosto coas tres probas máis importantes en Samil, o descenso desde O Castro e actividades en Navia e na Porta do Sol. Hoxe presentouse a programación musical.