Vigo acolle o 21 de maio a III Copa Vigo de España de Ciclismo

xoves, 18 mai 2023

Abel Caballero acudiu á presentación da III Copa Vigo de España de Ciclismo que se celebra o 21 de maio con saída e meta na cidade. A competición, organizada polo Club Ciclista Vigo - Rías Baixas, transcorre 7,8km polas rúas de Vigo, primeiro no centro con partida desde Praza do Rei e remata na Madroa. O alcalde quixo mostrar o seu apoio á proba e aos organizadores no acto de presentación que tivo lugar no Auditorio Mapfre.

A cidade acolle mañá 6 de maio a XXXVI Festa do Karate infantil

venres, 5 mai 2023

O alcalde recibiu este venres á organización do encontro que organiza, un ano máis, a Asociación deportiva Zanshin coa colaboración do Concello e que reunirá a unha destacada representación desde deporte na cidade. Esta trixésimo sexta edición celébrase mañá sábado, 6 de maio, no Pavillón municipal de Quirós.

O alcalde felicita ao Celta Zorka polo ascenso á Liga Endesa

martes, 2 mai 2023

As xogadoras, o cadro técnico e a directiva do Celta Zorka Recalvi foron recibidos este martes no Concello polo alcalde que lles trasladou os parabéns no nome da cidade polo ascenso á Liga Endesa, a máxima categoría do baloncesto feminino español. “Foi extraordinario o proceso de ascenso, xogaron marabillosamente ben e o público animou dunha forma fóra de serie”, un aspecto este, o de disputar a fase na casa, que as xogadoras recoñecen que “axudou tanto no proceso”, apuntou Caballero.