O alcalde anuncia sete grandes eventos deportivos a disputarse no areal de Samil este mes

xoves, 7 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a serie de probas do programa Vigoarena, que desenvolverá actividades deportivas en Samil dende este venres ao 31 de xullo co patrocinio da Concellería de Deportes e a organización de Evento Global. Fútbol praia, tenis praia, foot voley, balonmán praia, voley praia e cachibol encherán de competición o principal areal vigués. "Temos unha gran expectativa con esta actuación de verán porque é engadir ás praias un aliciente máis", asegurou o rexedor. Na edición de 2010 houbo 1.500 participantes "e nesta esperamos repetir esa cifra", sinalou Caballero.

Caballero animou ás seleccións de Vigo que competirán nos IX Xogos do Eixo Atlántico

xoves, 30 xuñ 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, ofreceron hoxe xoves unha recepción ás seleccións da cidade olívica que participarán nos IX Xogos do Eixo Atlántico, que terán lugar na localidade portuguesa de Matosinhos do 3 ao 8 de xullo. Os Xogos acollerán a cerca de 1500 participantes de 25 municipios galegos e portugueses que competirán en modalidades como o balonman, baloncesto, atletismo, fútbol sete, voleibol, voleiplaia e natación.

Abel Caballero afirma na presentación da Vigo Cup que o seu goberno ten "paixón polo deporte"

xoves, 30 xuñ 2011

A Vigo Cup 2011, o torneo de fútbol base internacional presentado hoxe na Fundación VIDE polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, contará con marca histórica de equipos inscritos (218) e de participantes (3.300). O campionato xogarase do 4 ao 10 de xullo en dez campos da cidade e rematará no estadio municipal de Balaídos coa disputa de todas as finais de fútbol 7 e de fútbol. Equipos de Galicia, Castela-León, Andalucía e norte de Portugal buscarán a vitoria logo de 554 partidos.

O alcalde rubrica co Pilotes Posada o acordo económico que lles permitirá competir na Asobal

xoves, 23 xuñ 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente do Academia Octavio Pilotes Posada, Javier Rodríguez, xunto ao concelleiro de Deportes, Manel Fernández, asinaron hoxe xoves o acordo económico que fai posible que o equipo vigués compita na máxima categoría do balonmán español. Segundo explicaron, a Fundación VIDE achegará ao club os 170.000 euros necesarios procedentes de achegas de empresas privadas. Javier Rodríguez salientou que "é a primeira vez que un alcalde de Vigo ponse ao fronte do deporte vigués".

Manel Fernández anima á cidadanía a participar na XXVIII Carreira de San Xoán, que suma medio millar de participantes

martes, 21 xuñ 2011

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, xunto co responsable da delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo, Eleuterio García, presentaron este martes a edición deste ano da popular proba que celébrase na noite de San Xoan. O número de inscritos ata o momento ascende a 500, máis que en 2010, e contará coa participación de nomes destacados como Carlos Adán ou Julia Vaquero, entre outras.

Dispoñibles os calendarios da Vigo Cup 2011

venres, 17 xuñ 2011

A organización anuncia o calendario de competición da Vigo Cup 2011, que se disputa do 4 ao 10 de xullo en varios campos da cidade e que terá as súas finais no estadio municipal de Balaídos. Con máis de 200 equipos participantes (219), o torneo internacional de fútbol base baterá todas as marcas de participación e número de partidos.

O V Trofeo Concello de Vigo de Bádminton reunirá a máis de 150 deportistas este sábado nas Travesas

mércores, 8 xuñ 2011

O concelleiro de Deportes en funcións, Xabier Alonso, presentou este mércores o V Trofeo Concello de Vigo de Bádminton e o II Memorial Luis Miró, que se celebrarán este sábado, 11 de xuño, na Pista Vermella do polideportivo das Travesas, de 10 a 12 horas e de 15.30 a 19 horas. O nacionalista destacou o forte incremento de participantes nesta edición do torneo, ao pasar de 100 deportistas no 2010 a 150 este ano nas diferentes categorías.

Segunda xornada do programa Bici Rutas Vigo 2011

venres, 3 xuñ 2011

O domingo 5 de xuño celébrase a segunda xornada do programa Bici Rutas Vigo 2011, con saída ás dez e media da mañá dende o Náutico. Esta vez o percorrido presenta un itinerario moito máis urbano que o da primeira xornada, con visita ao Parque de Castrelos, para continuar posteriormente ata Samil e rematar de novo no Naútico, despois de percorrer o Casco Lanuxe da cidade.