O alcalde presentou o Trofeo de Reis de fútbol 7, este sábado en Samil con 17 equipos locais

xoves, 5 xan 2012

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentaron a primeira edición do Trofeo de Reis - 10º aniversario de VIDE de fútbol 7, que se celebra este sábado (10:15 horas) no campo do complexo deportivo municipal de Samil e que contará coa participación de oito clubs da cidade e un total de 17 equipos, movendo ao redor de 170 nenos e nenas, dado o carácter mixto do campionato.

Caballero di que as carreiras populares estarán no núcleo central da política deportiva e anima a participar na San Silvestre solidaria

mércores, 28 dec 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe, durante a presentación da sétima edición da San Silvestre viguesa (sábado 31, Castrelos, 17:00 horas), que "as carreiras populares van entrar no núcleo central da política deportiva da cidade xunto ao deporte de base", no que citou modalidades referentes como o baloncesto, balonmán, fútbol ou judo.

O alcalde subliña que o goberno local adicou 120.000 euros á mellora do pavillón de Rivera Atienza

martes, 20 dec 2011

Abel Caballero visitou este martes a reforma e ampliación do pavillón, en Lavadores, á que o goberno local destinou 120.000 euros para o aproveitamento das zonas baixo o graderío, convertidas nun aula de traballo, nunha oficina e nun ximnasio. Os últimos tres anos, asegurou o alcalde, foron "a época na que as instalacións deportivas de Vigo teñen a maior mellora de toda a historia da cidade".

Manel Fernández anuncia a continuidade en 2012 do circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares na presentación de Carreira do Pavo

martes, 13 dec 2011

O Gran Premio Pedestre de Nadal, a tradicional Carreira do Pavo, disputarase este domingo na contorna da Alameda co apoio da Concellería de Deportes e o patrocinio de El Corte Inglés, que dá nome ao premio. A proba, que espera non baixar dos 600 inscritos para todas as carreiras (haberá oito saídas segundo idades), definirá o circuíto de carreiras populares Cidade de Vigo, que bota o pano logo dunha terceira edición na que segue crecendo.

Caballero anima a presenciar o Cidade de Vigo de kárate e valora as actividades deportivas de autodisciplina <br />

venres, 9 dec 2011

O pavillón de Bouzas recibe por cuarta oportunidade nos últimos cinco anos o Trofeo Cidade de Vigo de kárate, baixo a organización da Asociación Deportiva Zanshin. Será este sábado a partires das 17:00 horas cando uns 60 karatecas pelexarán dende categoría cadete a senior, pasando por xuvenil, junior e sub 21. Este ano, o torneo reúne ao club local, que presenta dous equipos, ao Bunkai Sport Ferrol e ao Club Shotokan Santander.<br />