Escoitar

As vellas glorias do celtismo celebran un partido para apoiar ás Cíes como Patrimonio da Humanidade

A cita será o próximo 29 de maio en Samil, e para o encontro xa están confirmados varios ex capitáns celestes que se enfrontarán a outros xogadores internacionais. Agárdanse preto de 3000 espectadores a un partido que, baixo o lema "Por Cíes Patrimonio da Humanidade", será o primeiro dunha serie de eventos que se realizarán co fin de acadar este recoñecemento.

martes, 13 mai 2014
1399982339partido.JPG
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, xunto con algúns dos xogadores que participarán no encontro e outros patrocinadores que o farán posible, presentou esta mañá o partido de fútbol "Por Cíes Patrimonio da Humanidade", un encontro que traerá á nosa cidade a míticas figuras do celtismo como Mazinho, Valery Karpin, Revivo, Vlado Gudelj, Vicente, Jorge Otero, Rafa Berges ou Ratkovic, e que, capitaneados por Patxi Salinas, se enfrontarán a xogadores internacionais de gran palmarés como Luís Milla, Santiago Cañizares, Albelda, Ismael Urzáiz ou Fran Yeste.

O partido, ademáis de ser o primeiro evento que se fai para apoiar o nomeamento das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade, terá tamén fins benéficos, xa que parte do recadado irá destinado a "Aldeas Infantís".

A data será o 29 de maio, no Estadio Municipal do Complexo Deportivo de Samil, ao redor das 20,45 da tarde. As entradas estarán á venda a partir da semana que ven no Corte Inglés, a un prezo que oscilará entre os 8 e os 15 euros.

Haberá actividades durante ese día e probablemente durante toda a fin de semana con motivo do encontro, no que ademáis se subastarán camisetas, haberá sorteos e será moi interactivo. Nos próximos días darase máis información, como a modalidade do xogo e o número de espectadores que se conseguirá albergar, xa que depende en parte das instalacións.
Descargar todas as imaxes