Abel Caballero felicita ao nadador Chano Rodríguez polos seus ouros nos Europeos e anímalle a seguir en primeira liña mundial

luns, 18 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu hoxe luns a Sebastián Rodríguez, Chano, cuádruplo medallista de ouro nos Europeos de natación de Berlín, hai uns días. Acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, Caballero departiu durante un cuarto de hora co laureado deportista paralímpico vigués, que estes días adéstrase na cidade e que en breve terá tres semanas de vacacións.

O concelleiro de Deportes augura o éxito da Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras na súa nova ubicación diante da praia do Vao

xoves, 14 xul 2011

A Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras, que entra na súa decimonovena edición, volve como cada verán a Ría para ofrecer o mellor remo galego en acción. O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, amosou de forma pública a súa "satisfacción" por que a regata cambie a súa localización ao Vao "gañando en espectacularidade" e engadiu a iso o seu convencemento "da gran repercusión que terá na cidadanía".

Caballero garante a presenza do Celta de baloncesto feminino na máxima categoría

xoves, 7 xul 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou este xoves que o Concello transmitiu ao Celta de baloncesto feminino que "procederan á inscripción" na máxima categoría. Caballero explicou que o goberno local conseguirá fondos de maneira "excepcional" para esta tempada e reclamou do club un "esforzo adicional" na procura de recursos e patrocinadores. "Ningún club de élite vigués deixará de participar en ningunha competición", apuntou o alcalde, quen amosou a súa "satisfacción" polo "problema resolto" do baloncesto feminino.